Eventos

Celanova acolle as II Xornadas Memoria e Muller

Este sábado, día 15, arrincan en Celanova as II Xornadas Memoria e Muller, organizadas polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e o Concello de Celanova.

O Auditorio Municipal de Celanova será o escenario desta iniciativa, que se prolongará ata o sábado 22.

Celanova acolle as II Xornadas Memoria e Muller

O acto inaugural estará marcado pola presentación do ensaio «Ciudad de la Selva». Esta obra colectiva de investigación arqueolóxica e histórica foi publicada en 2024 por Edicións Positivas. A obra pon en valor a importancia da Ciudad de la Selva, un xacemento clave para comprender o desenvolvemento da guerrilla no noroeste peninsular e en todo o Estado español, ademais de constituír un referente memorial na actualidade.

Celanova acolle as II Xornadas Memoria e Muller
Presentación de Ciudad de la Selva

A presentación comezará ás 16:30 horas e correrá a cargo da antropóloga e co-autora Olalla Álvarez, acompañada do editor Francisco Macías. Segundo o historiador Dionisio Pereira, esta investigación supón «un paso determinante na recuperación da historia da guerrilla do noroeste da Península». A obra incorpora un enfoque analítico e creativo que inclúe a materialidade arqueolóxica, a apropiación da paisaxe e o papel da muller tanto nas partidas guerrilleiras como nas redes de enlace.

As xornadas culminarán o sábado 22 coa representación da obra teatral «A LOLA», a cargo de Avelaíña Teatro, prevista para as 20:00 horas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.