Noticias

Noa Presas reivindica o BNG como alternativa para Ourense

A candidata nacionalista reclama en Celanova un escano propio en Madrid para defender os intereses da provincia e impulsar solucións aos seus problemas.

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, reivindicou en Celanova a súa formación como alternativa ao bipartidismo do PP e do PSOE, ao que responsabilizou do estancamento da provincia.

Noa Presas reivindica o BNG como alternativa para Ourense

Nun encontro coa veciñanza, chamou á mobilización para conseguir representación nacionalista propia no Congreso. No acto participaron tamén as candidatas Laura Pérez e Noelia Currás e o alcalde de Verea, Xosé Antonio Pérez Valado.

Noa Presas reivindica o BNG como alternativa para Ourense
Foto: BNG

Presas destacou que o BNG defenderá en Madrid solucións para problemas como a situación ambiental e social do encoro das Conchas, reclamando a implicación da Xunta e do Goberno estatal.

Ademais, comprometeuse a impulsar medidas en materia de memoria democrática, recoñecendo o traballo dos colectivos memorialistas. A candidata defendeu a derrogación da Lei de Amnistía de 1977 e cambios na Lei de Memoria para garantir xustiza e reparación ás vítimas do franquismo.

Botón volver arriba