Noticias

O PSdeG destaca os 4,36 millóns para Valdeorras

O PSdeG-PSOE de Ourense destacou o investimento de 4,36 millóns de euros dos fondos europeos FEDER nos nove concellos de Valdeorras para mellorar os espazos públicos, a accesibilidade e a calidade de vida.

José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, visitou as obras da Praza Maior do Barco xunto ao alcalde, Aurentino Alonso. Tamén estiveron presentes representantes da candidatura socialista ás eleccións xerais.

O PSdeG destaca os 4,36 millóns para Valdeorras

Este investimento forma parte do plan EDIL, cun orzamento total de 7,27 millóns de euros. O Goberno de España achega o 60%, mentres que a Deputación e os concellos financian o 40% restante.

O PSdeG destaca os 4,36 millóns para Valdeorras
Foto: PSOE

No Barco, os traballos afectan á Praza Maior, o Malecón, Porto da Barca e o Camiño Real. A primeira fase xa está en marcha e a segunda, cun orzamento de 310.000 euros, saíu a licitación para actuar na rúa Real e no Camiño Real.

As intervencións inclúen a renovación de pavimentos e redes de saneamento, novas zonas de descanso e a eliminación de barreiras arquitectónicas no miradoiro do Trampolín.

Os socialistas tamén salientan que os catro plans EDIL seleccionados na provincia mobilizan máis de 21,8 millóns de euros nas áreas de Ourense, Barbadás, Verín e Valdeorras.

Botón volver arriba