Eventos

Ourense acolle a proxección dun documental sobre o Circo dos Muchachos

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG e Xuventudes Socialistas de Ourense organizan este venres, 14 de marzo, un evento especial na Biblioteca Nós.

A partir das 19:00 horas, proxectarase un documental sobre o Circo dos Muchachos, seguido dun coloquio con familiares e exintegrantes. A entrada será de balde ata completar aforo.

Ourense acolle a proxección dun documental sobre o Circo dos Muchachos

O acto contará coa intervención de Natalia González, secretaria xeral do PSdeG-PSOE en Ourense, e Miguel Gómez, representante da organización xuvenil. O obxectivo é achegar á cidadanía a historia deste circo singular, fundado nos anos 60 e pioneiro en Europa como espazo de formación e autoxestión.

Ourense acolle a proxección dun documental sobre o Circo dos Muchachos

«Foi unha das primeiras escolas de circo de Europa, un proxecto educativo e lúdico que deixou unha fonda pegada. No coloquio abordaremos o seu pasado, a situación de abandono actual e as posibilidades de futuro de Benposta», explican os organizadores.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.