Noticias

Barbadás alerta sobre o impacto das toalliñas húmidas no saneamento

O Concello de Barbadás lanzou recentemente unha advertencia á cidadanía sobre os problemas que está a causar o uso indebido de toalliñas húmidas, que moitas persoas seguen desbotando polo inodoro en lugar de depositalas no lixo.

Este hábito está xerando graves consecuencias na rede de sumidoiros e nas infraestruturas de tratamento de augas residuais.

Barbadás alerta sobre o impacto das toalliñas húmidas no saneamento

Segundo as autoridades locais, as toalliñas non se descompoñen con facilidade e provocan atascos importantes no sistema de saneamento. Isto leva a reparacións custosas e pode derivar en desbordamentos e contaminación ambiental. Ademais, o concello lembra que o mal uso do sistema de sumidoiros tamén pode aumentar o risco de avarías e incrementar os custos do servizo de abastecemento e depuración de augas.

Os datos amosan que o seu uso vai en aumento. No ano 2024, estímase que 24,6 toneladas deste produto remataron na rede de saneamento de Barbadás, un 5% máis ca o ano anterior.

AnoCantidade de toalliñas na rede de saneamento (kg)
202224.559 kg
202323.408 kg
202424.600 kg

Para combater este problema, o Concello de Barbadás fai un chamamento á responsabilidade cidadá e solicita que as toalliñas, mesmo aquelas etiquetadas como «biodegradables«, se boten no lixo en vez do inodoro. Tamén reforzará as campañas de sensibilización para informar a poboación sobre os riscos ambientais e económicos derivados desta práctica,

Barbadás alerta sobre o impacto das toalliñas húmidas no saneamento
Foto: Concello de Barbadás

A problemática das toalliñas húmidas non é exclusiva de Barbadás, senón que afecta a moitos municipios en toda España, onde o seu impacto nos sistemas de saneamento supón un reto constante para as administracións locais.

Botón volver arriba