Eventos

Ourense acolle a impactante mostra infantil “HeArt of Gaza”

A Biblioteca Pública Nós de Ourense acolle este verán a exposición “HeArt of Gaza, memorias dun neno palestino”, converténdose na primeira cidade da Península Ibérica en exhibir esta conmovedora mostra de arte infantil en tempos de xenocidio.

A exposición recolle medio cento de debuxos realizados por crianzas palestinas, vítimas da violencia en Gaza, acompañados de textos explicativos escritos por elas mesmas.

Ourense acolle a impactante mostra infantil “HeArt of Gaza”

Nestes traballos, os nenos e nenas plasman os seus sentimentos, recordos, soños e horrores, ofrecendo unha poderosa testemuña visual e emocional da súa realidade cotiá baixo a ocupación israelita.

Ourense acolle a impactante mostra infantil “HeArt of Gaza”

A iniciativa busca dar visibilidade ao sufrimento da infancia palestina e activar a conciencia colectiva a través da expresión artística. Para reforzar esta mensaxe, medio cento de figuras destacadas da cultura, o deporte e outros ámbitos da sociedade galega prestan a súa voz aos pequenos artistas, lendo en público os seus testemuños.

A mostra permanecerá aberta ao público durante todo o verán e convida á reflexión sobre os efectos da guerra na infancia, utilizando a arte como ferramenta de denuncia, memoria e resistencia.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.