Eventos

O Pereiro activa novos obradoiros creativos e culturais para todas as idades

O Concello de Pereiro de Aguiar pon en marcha un completo programa de actividades culturais e formativas que combina propostas para maiores de 55 anos, iniciativas teatrais abertas a toda a veciñanza e a recuperación da música tradicional galega.

Con este calendario, o Concello aposta por dinamizar a vida cultural e social do municipio. A oferta de alternativas para todas as idades promove tanto a creatividade como a conservación das tradicións.

O Pereiro activa novos obradoiros creativos e culturais para todas as idades

No Centro de Maiores Os Gozos, a partir de setembro ofreceranse cinco obradoiros dirixidos a fomentar a creatividade e o envellecemento activo:

  • Patchwork e Bordado: dende o 18 de setembro, os xoves de 18:00 a 19:30 h.
  • Decorado de Latas: a partir do 8 de setembro, luns, martes e mércores en dobre quenda (16:00-17:30 h e 18:00-19:30 h) e os xoves de 16:00 a 17:30 h.
  • Modelado con Escaiola: dende o 18 de setembro, os mércores de 18:00 a 19:30 h.
  • Abalorios: desde o 10 de setembro, os mércores de 16:00 a 17:30 h.
  • Uso do Ordenador: desde o 16 de setembro, os mércores de 18:00 a 19:00 h.

As prazas son limitadas e a inscrición é gratuíta.

O Pereiro activa novos obradoiros creativos e culturais para todas as idades

Aula de Teatro do Pereiro

Ademais, o Aula de Teatro do Pereiro ofrecerá un espazo dinámico no que persoas de todas as idades poderán mellorar a súa expresividade oral e corporal. Tamén poderán desenvolver a creatividade e gañar confianza a través do traballo en equipo. Para coñecer máis detalles, celebrarase unha reunión informativa o xoves 11 de setembro no salón de plenos do concello.

Clases de Pandeireteiras e trebellos

A programación complétase coa presentación das clases de pandeireteiras e trebellos, unha proposta centrada na música tradicional galega. O encontro terá lugar o martes 9 de setembro, ás 19:30 horas, no salón da Casa do Concello. Esta actividade permitirá aprender a seguir o ritmo da pandeireta, descubrir a riqueza dos instrumentos populares e vivir a música como unha experiencia colectiva e festiva.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.