O Concello do Pereiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza sesións de defensa persoal feminina dirixidas a mulleres do municipio.
O obxectivo é que aprendan técnicas de autoprotección e protocolos básicos para aumentar a seguridade, a autoestima e a autoconfianza.
Cursos gratuítos de defensa persoal feminina no Pereiro
Os cursos, totalmente gratuítos, están financiados con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Impartiranse por Juan José Martínez, adestrador especializado en defensa persoal feminina e cinturón negro 4º Dan de Kung-fu, creador do Método MAS.
As sesións desenvolveranse no Complexo Deportivo Municipal o domingo 19 de outubro en dous horarios:
- De 10:00 a 14:00 h
- De 16:00 a 20:00 h
As participantes poderán asistir á xornada completa ou elixir unha das sesións segundo a súa dispoñibilidade.

O curso busca proporcionar ás mulleres ferramentas prácticas que lles permitan sentirse seguras ante situacións de risco en todos os ámbitos da súa vida.