Noticias

A Deputación homenaxea a profesora de pandeireta Ana Belén Rodríguez

A Deputación de Ourense dedica a campaña institucional de agosto ás mulleres que manteñen viva a música tradicional galega, baixo o lema «Mulleres que fan soar a nosa tradición».

Esta iniciativa da Área de Igualdade, dirixida por Teresa Barge, recoñece o seu papel na transmisión do patrimonio cultural.

A Deputación homenaxea a profesora de pandeireta Ana Belén Rodríguez

A protagonista é Ana Belén Rodríguez André, nada en Ourense en 1979 e profesora de pandeireta e canto popular na Escola Provincial de Gaitas desde 2000. Comezou a formarse nesta institución con nove anos e incorporouse á Real Banda de Gaitas en 1988.

A Deputación homenaxea a profesora de pandeireta Ana Belén Rodríguez
Foto: Deputación de Ourense.

Ao longo da súa traxectoria participou en numerosas actuacións, entre elas unha ante Xoán Paulo II no Vaticano en 1996. A súa relación coa Escola Provincial de Gaitas marcou a súa vida persoal e profesional e hoxe as súas dúas fillas tamén son músicas e gaiteiras.

Rodríguez destaca o interese crecente das novas xeracións pola música tradicional, impulsado tamén polo éxito de grupos como Tanxugueiras. «Hai canteira, e afortunadamente cada vez é maior», afirma.

A Deputación pon así en valor o labor de mulleres que preservan e transmiten a música tradicional galega. Estas mulleres garanten a súa continuidade entre as novas xeracións.

Botón volver arriba