O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá o recinto feiral para saudar aos participantes no evento Funtastik-No Limits, que se celebra en Expourense ata o vindeiro 12 de outubro.
A iniciativa conta co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense e está a rexistrar unha importante afluencia de visitantes, especialmente procedentes do ámbito educativo.
Funtastik-No Limits reúne en Expourense a visitantes do ámbito educativo
Durante a súa visita, Pardo percorreu o recinto e saudou aos participantes nesta proposta de lecer, que ofrece actividades dirixidas a diferentes públicos durante estes días.


