Noticias

Arteficial 2025 pecha con éxito e prepara a XX edición

O Festival Arteficial 2025 celebrouse en Ribadavia os días 5 e 6 de setembro cunha resposta multitudinaria que consolidou a súa XIX edición como unha das máis exitosas da súa historia.

A música, a cultura e a convivencia volveron encher o corazón do Ribeiro, reforzando o carácter alternativo, comunitario e sostible que define este encontro.

Arteficial 2025 pecha con éxito e prepara a XX edición

Con esta acollida, o festival xa mira cara á súa XX edición, prevista para 2026, chamada a ser un fito especial para un proxecto que conseguiu situar a Ribadavia no mapa cultural galego e estatal.

Arteficial 2025 pecha con éxito e prepara a XX edición
Foto: Arteficial

A organización destacou o apoio do tecido asociativo, comercial e institucional, así como o traballo de voluntariado, veciñanza e marcas colaboradoras. Grazas a esa implicación, Arteficial mantén un modelo sostible, de balde e aberto á comunidade. Nesta edición contou co respaldo da Xunta de Galicia, Concello de Ribadavia, Deputación de Ourense, Museo Etnolóxico, ademais de marcas como Destilerías Miño, Alhambra ou Bodegas Gallegas.

A programación incluíu tamén propostas culturais como a exposición “Narrativas futuras. As ruínas do rural”, de Alba Casas e Adrián Riveiro, que se puido visitar no Museo Etnolóxico. A mostra puxo en valor a memoria e as posibilidades do rural galego, reforzando o compromiso do festival coa creación contemporánea.

As bandas participantes e o público volveron converter as rúas e prazas de Ribadavia nun escenario de celebración colectiva, confirmando a relevancia social e cultural dun festival que segue a medrar ano tras ano.

De cara a 2026, Arteficial aspira a reforzar a súa programación ao longo de todo o ano e a potenciar a dinamización social, económica e cultural da vila, mantendo sempre o seu espírito innovador e comunitario.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.