A Asociación de Memoria Democrática Campo de Aragón-Ourense, en colaboración cos Amigos da República e o Comité de Memoria Histórica IES Pedra da Auga, organiza este venres 26 de setembro a primeira homenaxe pública ás persoas fusiladas no antigo cuartel militar de San Francisco.
Entre as vítimas figura Undina Álvarez Pérez, única muller asasinada polas tropas sublevadas en dito lugar.
Ourense lembra ás vítimas fusiladas no cuartel de San Francisco
O acto desenvolverase ás 19:00 horas na praza da República —actual praza da Biblioteca Pública do Estado Nós—, onde se dará lectura a un texto a cargo de Paz Gómez del Valle, membro de Amigos da República e familiar de Manuel Gómez del Valle, tamén represaliado. Ademais, intervirán diferentes voces da sociedade civil mediante manifestos de lembranza e reivindicación.
A homenaxe contará coa participación do poeta Claudio Rodríguez Fer e do cantautor Xosé Constenla, antes da realización dunha ofrenda floral en memoria de todas as vítimas.

A iniciativa busca visibilizar a demanda histórica de recoñecemento e dignidade para quen sufriron a represión franquista en Ourense.