Tres centros educativos de Ourense —o CPR Santa María-Maristas, o CPR Divina Pastora e o CPR María Auxiliadora-Salesianos— foron seleccionados para participar na quinta edición da Liga Maker Drone.
Esta competición tecnolóxica e educativa impulsada pola Fundación Barrié e o Centro Tecnolóxico ITG, coa finalidade de fomentar as vocacións STEM entre o alumnado de 2º de ESO de toda Galicia.
Tres centros de Ourense participarán na V Liga Maker Drone
O reto desta edición, que porá a proba a creatividade e o traballo en equipo dos estudantes, desvelarase o 30 de outubro en A Coruña. Ese día terá lugar unha xornada formativa na que participarán os 180 alumnos e alumnas seleccionados.

A iniciativa combina aprendizaxe e práctica en torno ao uso e pilotaxe de drons, a mecatrónica e a fabricación de materiais. O programa inclúe unha sesión de introdución ao pilotaxe de drons, tres sesións técnicas sobre materiais, sistemas avanzados e mecatrónica, e tres adestramentos de voo. Ademais, cada equipo dispón de dous kits dron, soporte técnico e recursos didácticos para desenvolver a súa solución ao desafío proposto.
En total, 18 centros educativos das catro provincias galegas competirán nesta edición. Ademais dos tres ourensáns, participan centros de Pontevedra —como o CPR Las Acacias, Montecastelo ou o IES Carlos Casares—, de Lugo —entre eles o IES Poeta Díaz Castro— e da Coruña —como o CPR San José de Cluny ou o IES Fin do Camiño—.
A Liga Maker Drone busca acercar a innovación tecnolóxica ás aulas e potenciar o interese do alumnado pola ciencia, a enxeñaría e a robótica. Esta iniciativa conta cun enfoque práctico e colaborativo que xa ten demostrado o seu éxito en edicións anteriores.