A música tradicional galega será protagonista este martes, 12 de novembro, na Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense, coa celebración do obradoiro “Achega á música tradicional galega: de onte a hoxe”, impartido polo recoñecido artista, cantareiro e bailador Mondra.
A actividade, organizada pola propia facultade, celebrarase ás 9:30 horas na sala Emilia Pardo Bazán, situada no soto do Edificio de Ferro.
Mondra achega a música tradicional galega á Facultade de Educación e Traballo Social
Trátase dun obradoiro de carácter presencial e entrada de balde, aínda que é necesaria a inscrición previa. As 30 prazas dispoñibles cubriranse por rigorosa orde de solicitude.
O encontro está dirixido a estudantes, profesorado, persoal de administración e servizos, medios de comunicación, entidades colaboradoras e público externo, co obxectivo de achegar unha visión viva e actual da música tradicional galega, explorando a súa evolución desde as raíces ata as expresións contemporáneas.

Con esta iniciativa, a Facultade de Educación e Traballo Social reafirma o seu compromiso coa divulgación da cultura galega e coa creación de espazos formativos abertos á comunidade universitaria e á cidadanía.