Noticias

A Xunta inviste 500.000€ en mellora de camiños rurais na Limia

A Xunta de Galicia destinou preto de 500.000 euros á mellora de infraestruturas rurais en 10 municipios da comarca da Limia, a través do Plan Camiña Rural 2025-2026, que busca reforzar a cohesión social e territorial das zonas rurais e facilitar o acceso ás parcelas agrícolas.

Así o destacou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, durante a súa visita ao concello de Sarreaus, acompañado do alcalde, Gumersindo Lamas.

A Xunta inviste 500.000€ en mellora de camiños rurais na Limia

Pardo salientou que os camiños rurais non só melloran a accesibilidade, senón que tamén fortalecen o tecido social, contribúen á fixación de poboación e aumentan a competitividade agraria e forestal, ao facilitar o tránsito de maquinaria e reducir custos e tempos na comercialización dos produtos.

A Xunta inviste 500.000€ en mellora de camiños rurais na Limia
Foto: Delegación do Goberno

No caso de Sarreaus, a Consellería do Medio Rural asignou 48.817 euros para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. As actuacións inclúen ampliación e reforzo de firme, limpeza de marxes, adecuación de pasos de cursos fluviais, drenaxe e sinalización, excluíndo rúas interiores dos núcleos de poboación.

Os outros concellos beneficiarios nesta comarca son:

  • Porqueira (44.676€),
  • Os Blancos (40.000€),
  • Vilar de Barrio (55.790€),
  • Baltar (45.911€),
  • Rairiz de Veiga (48.857€),
  • Sandiás (48.406€),
  • Trasmiras (44.087€) e
  • Xinzo de Limia (66.387€).

Desde 2016, a Xunta de Galicia investiu máis de 167 millóns de euros nestas actuacións, mellorando 6.042 camiños municipais cunha lonxitude total de 4.744 quilómetros. O Plan Camiña Rural, anteriormente coñecido como Plan Marco, convócase ininterrompidamente desde 2013, consolidándose como unha ferramenta esencial para o desenvolvemento sostible do rural galego.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.