Noticias

O Riós instala aerotermia no seu PAI

O Punto de Atención á Infancia (PAI) do Riós conta cun novo sistema de aerotermia para mellorar a súa eficiencia enerxética, nunha actuación financiada pola Xunta de Galicia con 60.000 euros.

Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense, visitou esta mañá o municipio acompañado da alcaldesa, Eva Barrio, para supervisar o remate das obras.

O Riós instala aerotermia no seu PAI

A intervención permitiu substituír a antiga caldeira, alimentada con combustibles fósiles e menos eficiente, por un sistema de calefacción mediante aerotermia, máis eficiente e respectuoso co medio ambiente.

O Riós instala aerotermia no seu PAI

O PAI atende actualmente 12 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos e presta un servizo esencial para a conciliación familiar e laboral nun municipio rural.

Durante a visita, Pardo destacou tamén outras actuacións financiadas recentemente pola Xunta en Riós, como a mellora da accesibilidade á Casa do Concello e a renovación do parque infantil, cun investimento conxunto próximo aos 60.000 euros.

Botón volver arriba