O Concello da Merca continúa coa posta en valor dun dos seus espazos máis emblemáticos: Os Canastros.
Grazas a unha subvención da Consellería de Turismo e Cultura da Xunta de Galicia, instalouse un novo sistema de alumeado que mellora a visibilidade e realza a beleza deste conxunto patrimonial.
Os Canastros da Merca brillan con novo alumeado
Esta actuación dá continuidade aos traballos de restauración e conservación realizados nos últimos anos, reforzando o compromiso do Concello coa protección e difusión do patrimonio histórico, cultural e turístico da vila.

Os Canastros da Merca seguen a brillar tamén de noite, consolidándose como un símbolo da identidade e memoria colectiva do municipio.