Eventos

Better Things Club trae a Mohama Saz ao Auriense

O Better Things Club presenta en concerto en Ourense a Mohama Saz, unha das bandas máis singulares da escena psych rock estatal.

Será nunha actuación que terá lugar o sábado 28 de febreiro de 2026, ás 21:00 h., no Café Cultural Auriense. Trátase da única data en Galicia da xira do cuarteto madrileño.

Better Things Club trae a Mohama Saz ao Auriense

A cita permitirá ao público ourensán descubrir en directo o son característico de Mohama Saz. Na súa proposta musical mestura anatolian rock, folk do sur de España, música do leste de Europa, kraut-rock, ritmos de inspiración africana e aires andinos.

Better Things Club trae a Mohama Saz ao Auriense

A banda constrúe este universo sonoro a partir do baglama saz eléctrico, sintetizadores analóxicos e unha potente sección rítmica, afastándose deliberadamente dos códigos anglosaxóns.

Desde a súa formación en 2014, Mohama Saz levou os seus directos incendiarios a festivais de referencia en Europa e Estados Unidos, como Le Guess Who?, MENT, Desert Fest, Sounds of MENA, Le Beat Bespoke ou Tiki Oasis, convertendo cada concerto nunha experiencia colectiva próxima a unha auténtica goa-party.

O concerto de Ourense chega nun momento clave para a banda, que en 2026 afronta a súa cuarta xira polos Estados Unidos. Será coa presentación do seu sexto álbum, “Ven al fuego” (Yai Yai Records, 2026).

As entradas teñen un prezo de 15 euros en venda anticipada e 18 euros en billeteira. Poden adquirirse no propio Café Cultural Auriense e no Rock Club

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.