Eventos

Andaina solidaria en Barbadás a favor de ALCER Ourense

A andaina solidaria en Barbadás a favor de ALCER Ourense celebrarase o domingo 3 de maio, coincidindo co Día da Nai, cun percorrido pensado para fomentar a participación e a concienciación social.

A iniciativa está organizada pola asociación veciñal Nosa Aldea de Barbadás, que dedica esta sexta edición á entidade ourensá.

Andaina solidaria en Barbadás a favor de ALCER Ourense

O evento dará comezo ás 9:00 h desde o Centro de Información á Muller (CIM) de Barbadás. As persoas interesadas poden inscribirse ata o 29 de abril.

Andaina solidaria en Barbadás a favor de ALCER Ourense
Foto: Alcer Ourense

A organización establece un prezo de 12 euros para adultos e 5 euros para menores de ata once anos. As rutas dispoñibles son de 16 e 8 quilómetros, con itinerarios que percorren espazos naturais do municipio, destacando a súa riqueza floral e patrimonial.

O obxectivo principal da actividade é sensibilizar á poboación sobre a doazón, a prevención e o coidado da saúde renal. Ademais, desde a organización subliñan o impacto positivo no entorno rural. “A andaina tamén aporta vida e dinamismo a unha das tantas comunidades que habitan o rural galego”, explican.

Nesta edición, a asociación decidiu apoiar a ALCER Ourense tras coñecer casos próximos de persoas diagnosticadas con enfermidade renal crónica (ERC). “Precisaron medios e acompañamento e a asociación de Ourense estivo aí durante todo o proceso”, sinalan.

Andaina solidaria en Barbadás a favor de ALCER Ourense

A iniciativa continúa así coa súa liña solidaria, tras apoiar en anos anteriores causas vinculadas á esclerose ou á diabetes, mantendo como principio fundamental “axudarse entre si e aos demais dentro da sociedade”.

Botón volver arriba