Noticias

O concurso de micro-relatos bate récord de participación

O concurso de micro-relatos organizado con motivo do Día das Letras Galegas acadou este 17 de maio unha participación histórica, con 48 achegas presentadas na súa 14ª edición.

Este certame deu a coñecer os traballos gañadores nunha edición marcada polo elevado número de participantes.

O concurso de micro-relatos bate récord de participación

O primeiro premio foi para o micro-relato «YAEL SOÑA», da autoría de Ramón Caride Ogando. Pola súa banda, o relato finalista foi «UN DISPARO», escrito por Sonia Corral Franco.

O concurso de micro-relatos bate récord de participación

O xurado encargado de valorar as obras estivo integrado polas escritoras e escritores Alba Rodríguez Saavedra, Manuel Esteban, Óscar Reboiras e Rita Doallo, ademais do libreiro de Bueu Fernando Miranda Estévez.

Os premios entregados aos gañadores inclúen diferentes agasallos culturais, gastronómicos e de benestar. O relato vencedor recibirá O Xogo do PICAPAU. Tamén recibirá un vale para unha estadía dunha noite para dúas persoas en réxime de almorzo buffet e acceso ás piscinas de auga minero medicinal nos balnearios de Balneario de Laias ou Balneario de Lobios. O premio complétase cunha degustación gastronómica para dúas persoas no restaurante/pulpería Casa Gazpara.

No caso do relato finalista, o premio consiste nunha camisola e un caderno de OZOCOgz. Tamén recibirá un lote de libros doados polas editoriais Belagua e Editorial Galaxia.

Botón volver arriba