Noticias

O PSdeG de Barbadás impulsa o comercio local

O PSdeG Barbadás impulsa o comercio local e a hostalaría a través dunha moción que defenderá no pleno do luns 1 de xuño, co obxectivo de reforzar o apoio municipal a un sector afectado polo peche de establecementos e as dificultades dos pequenos negocios.

A proposta reclama que o Concello actúe como motor de dinamización económica e inclúe medidas como a creación dunha mesa de traballo co sector, un estudo sobre as súas necesidades, campañas de consumo de proximidade e programas de fidelización comercial.

O PSdeG de Barbadás impulsa o comercio local

Tamén recolle axudas para a modernización e dixitalización dos negocios, así como a organización de actividades comerciais e gastronómicas para dinamizar a economía local.

O PSdeG de Barbadás impulsa o comercio local

A concelleira Marga Pérez destaca o papel destes establecementos na vida do municipio e reclama máis implicación institucional. “Cada negocio que pecha supón unha perda para todo Barbadás”, sinala.

Botón volver arriba