O xardín do Posío acollerá este sábado, 10 de outubro, ás 18:00 h, unha xornada de apoio ao pobo palestino organizada por Radio Liverdade e BDS Galiza, no marco dunha mobilización internacional baixo o lema «Poñer fin ao xenocidio; defender a terra».
Este programa inclúe a lectura dun manifesto, unha sesión de dabke, danza tradicional palestina dirixida por Eva Domínguez, de Espazo Muma’s, un contacontos a cargo de Uxía Morán e un obradoiro de papaventos.
O Posío acolle unha xornada de apoio a Palestina
Os colectivos convocantes reclaman o fin da violencia e da ocupación, un embargo de armas a Israel e o cumprimento do dereito internacional. A iniciativa pretende expresar a solidariedade de Ourense con Palestina e dar a coñecer a súa cultura e realidade.


