Noticias

O PSOE denuncia unha moción de censura en Rairiz de Veiga

O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia unha operación para apartar da Alcaldía de Rairiz de Veiga a socialista Asunción Morgade mediante unha moción de censura que, segundo afirma, contarían con apoios do PP, do BNG e dun concelleiro non adscrito.

Álvaro Vila, secretario provincial socialista, acusa o PP de Luís Menor de recuperar “as vellas prácticas do baltarismo” e reclama explicacións sobre unha iniciativa que situaría o popular Camilo Fernández Freire á fronte do Concello.

O PSOE denuncia unha moción de censura en Rairiz de Veiga

Vila considera que a operación pretende alterar o resultado das urnas e defende que o PP presente o seu proxecto nas eleccións. O PSOE reitera o seu apoio a Morgade e destaca o rexeitamento do BNG á iniciativa.

O PSOE denuncia unha moción de censura en Rairiz de Veiga
Álvaro Vila.

Botón volver arriba