O Goberno de España destina máis de 39,5 millóns de euros a completar o saneamento do río Barbaña e modernizar a depuradora de San Cibrao das Viñas, nunha actuación que permitirá renovar colectores e reducir a contaminación.
A candidata socialista ao Senado, María Fernández Ojea, cualificou o investimento de “histórico” e destacou que responde a unha reivindicación de longa duración da cidade de Ourense.
O saneamento do Barbaña recibe 39,5 millóns
Pola súa banda, o candidato ao Congreso, Brian Diz González, sinalou que o proxecto permitirá protexer o medio ambiente, mellorar a saúde pública e reforzar as infraestruturas dos polígonos industriais de San Cibrao e Barreiros.

As obras inclúen a renovación de 2.469 metros de colectores e 8.153 metros de canalizacións, así como a ampliación da EDAR, que alcanzará unha capacidade de tratamento de 22.140 metros cúbicos diarios, equivalente a 77.490 habitantes.

