A candidata do BNG ao Congreso, Noa Presas, propón implantar un metro lixeiro que conecte Ourense e a súa contorna e dea servizo a máis de 170.000 persoas.
A iniciativa contempla conexións entre O Carballiño, Santa Cruz, Quintela, Untes, O Pino, o campus universitario, A Residencia e os polígonos industriais. Tamén incluiría localidades como Ribadavia, Barra de Miño, Os Peares e Baños de Molgas.
Presas propón un metro lixeiro para Ourense
Presas considera que esta infraestrutura permitiría reducir a dependencia do vehículo privado e mellorar os desprazamentos diarios. «O escano do BNG por Ourense marcará un fito ao conseguir implantar o metro lixeiro», afirmou.

Ademais, comprometeuse a impulsar o traslado da estación ferroviaria de mercadorías a San Cibrao das Viñas. A candidata criticou que PP e PSOE defenderan esta actuación desde a oposición sen executala cando gobernaron.

