Noticias

O PSdeG reivindica máis oportunidades para a mocidade de Ourense

O PSdeG-PSOE de Ourense destaca o incremento das bolsas, o impulso á Formación Profesional e as axudas á vivenda como medidas para ampliar as oportunidades da mocidade e facilitar a súa emancipación.

A candidata socialista ao Congreso, Carmen Rodríguez Dacosta, defende que a situación económica das familias non debe condicionar o futuro dos estudantes. «Queremos unha mocidade que poida escoller o seu futuro, non unha mocidade á que a súa situación económica lle marque ata onde pode chegar», afirma.

O PSdeG reivindica máis oportunidades para a mocidade de Ourense

Os socialistas destacan que o orzamento estatal en educación aumentou un 104,5 % desde 2018, mentres que os fondos para bolsas medraron un 83 %, ata os 2.559 millóns de euros. En Ourense, máis de 2.600 estudantes recibiron bolsas non universitarias no curso 2025/2026, por un importe próximo aos seis millóns.

O PSdeG reivindica máis oportunidades para a mocidade de Ourense
Foto: PSdG.

Pola súa banda, a candidata ao Senado, María Fernández Ojea, reivindica a Formación Profesional como ferramenta para crear emprego nas comarcas. Galicia sumou 29.547 novas prazas de FP entre 2020 e 2026, cun investimento de 545,4 millóns de euros.

A candidatura tamén destaca o Bono Alugueiro Mozo, de 250 euros mensuais, e o Bono Cultural Xove, ademais do programa Verán Xove.

«A mocidade de Ourense necesita formación de calidade, saídas profesionais, emprego e posibilidades reais de emanciparse», sinala Fernández Ojea.

Botón volver arriba