A formación levará ao Pleno unha moción para reclamar a rehabilitación dos seis inmobles pendentes e dos edificios municipais abandonados.
A formación denuncia que, dos sete inmobles adquiridos pola Xunta no anterior mandato, só comezaron as obras nun deles.
Ribeiro en Común denuncia a paralización do Rexurbe en Ribadavia
Ribeiro en Común levará ao Pleno do vindeiro xoves unha moción para reclamar ao Concello e á Xunta que reactiven o programa Rexurbe en Ribadavia.

O grupo lembra que durante o anterior goberno se aprobaron tres proxectos de rehabilitación, mentres que o actual executivo do PP non impulsou ningún novo. Tamén critica a paralización do plan de mellora da zona monumental e a falta de mantemento dos espazos recuperados, como o antigo forno público.
A iniciativa reclama solucións para os edificios en ruína do casco histórico, tanto os propiedade da Xunta como os municipais, e un compromiso das dúas Administracións coa rehabilitación dos seis inmobles que continúan pendentes.

