Noticias

Ribeiro en Común denuncia o abandono das termas públicas de Prexigueiro

Ribeiro en Común levará ao pleno de Ribadavia unha moción para reclamar investimentos e melloras nas termas públicas de Prexigueiro, denunciando a “parálise” do goberno local neste enclave termal.

A formación asegura que o alcalde non convocou ningunha reunión entre veciñanza e corporación nos últimos tres anos e critica que, pese á elevada afluencia de visitantes á parte privada das termas, non se realizaron melloras nin no entorno nin no núcleo de Prexigueiro.

Ribeiro en Común denuncia o abandono das termas públicas de Prexigueiro

Segundo indican, continúan sen actuacións as antigas termas, as pozas públicas, a pasarela caída sobre o río Cerves ou o muíño da zona. Ribeiro en Común tamén lamenta que Ribadavia non estea aproveitando investimentos da Xunta e da Deputación para infraestruturas termais, como si fan outros concellos da provincia.

Ribeiro en Común denuncia o abandono das termas públicas de Prexigueiro
Foto: Ribeiro en Común

Na moción, o grupo solicita unha reunión coa empresa concesionaria, grupos municipais e representantes veciñais para abordar actuacións pendentes e reclama financiamento para rehabilitar as termas históricas e as pozas públicas de Prexigueiro.

Botón volver arriba