O Concello de Ourense recibiu o Premio á Xestión Pública do Deporte na XVII edición dos Premios Galicia á Xestión Deportiva, convocados pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE).
O xurado acordou por unanimidade conceder este recoñecemento á administración local pola súa contribución á xestión e desenvolvemento do deporte.
Ourense recibe o Premio á Xestión Pública do Deporte
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recollerá o galardón o venres 27 de novembro, nunha gala que se celebrará no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña.

A entrega terá lugar ás 20:00 h, ao remate do VIII Congreso Galego de Xestión Deportiva, dedicado nesta edición ao deporte, o turismo e o municipio.
Os premios recoñecen entidades e persoas que destacan pola súa achega á excelencia na dirección e xestión do deporte en Galicia. Nesta mesma edición tamén resultaron premiados o Club Roller Ourense, na categoría de xestión deportiva con perspectiva de xénero, e o Concello de Ribadavia, polo seu labor na xestión deportiva nun municipio de menos de 15.000 habitantes.

