Noticias

Ourense repartirá 6.250 euros no Concurso de Escaparates de Nadal

O Concello abrirá este venres, 27 de novembro, o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal 2026, que permanecerá aberto ata o 15 de decembro.

O certame repartirá 6.250 euros en premios entre os comercios participantes.

Ourense repartirá 6.250 euros no Concurso de Escaparates de Nadal

A iniciativa busca impulsar o comercio local, dinamizar as compras e contribuír á ambientación da cidade durante as festas. Poderán participar os establecementos de Ourense que exhiban decoración de Nadal nos seus escaparates ou fachadas entre o 15 de decembro e o 6 de xaneiro.

Ourense repartirá 6.250 euros no Concurso de Escaparates de Nadal

As inscricións deberán realizarse por correo electrónico, enviando os datos do negocio ao enderezo concursoescaparates@ourense.gal.

O concurso está organizado coa colaboración do CIFP Portovello e Eco Auriense UTE, co obxectivo de fomentar tamén a innovación, a formación do alumnado e a concienciación ambiental mediante o uso de materiais reciclados.

O xurado valorará a calidade, a estética, o atractivo comercial e o enfoque de márketing das propostas. As fotografías dos escaparates participantes publicaranse na web municipal.

Premios do Concurso de Escaparates de Nadal 2026

O certame contará con tres premios principais, dez accésits e un galardón especial de reciclaxe:

  • Primeiro premio: 1.000 euros.
  • Segundo premio: 750 euros.
  • Terceiro premio: 500 euros.
  • Dez accésits: 300 euros cada un.
  • Premio especial de reciclaxe: 1.000 euros.

Botón volver arriba