Noticias

O PSdeG chama á unidade feminista no 25N

As socialistas ourensás conmemoraron o 25N no parque 25N cun chamamento á unidade feminista, á protección das vítimas e á defensa dos dereitos conquistados.

As candidatas María Fernández Ojea e Carmen Rodríguez Dacosta deron lectura ao manifesto socialista, que aposta por reforzar os sistemas de protección, desenvolver o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e impulsar novas medidas lexislativas.

O PSdeG chama á unidade feminista no 25N

A secretaria de Igualdade do PSdeG e candidata á Alcaldía, Natalia González, defendeu a liberdade das mulleres para decidir sobre as súas vidas e advertiu dos intentos de limitar os seus dereitos. Pola súa banda, Eva Pérez Gamote reclamou recursos, acompañamento e protección para as vítimas que non poden abandonar os seus agresores.

O PSdeG chama á unidade feminista no 25N
Foto: PSdG

As socialistas tamén alertaron dos discursos negacionistas e reivindicaron as leis de igualdade e violencia de xénero, facendo un chamamento a non dar pasos atrás: «Fronte á violencia, liberdade. Fronte ao medo, dereitos. Fronte ao retroceso, feminismo».

Botón volver arriba