Noticias

O PSOE destaca o investimento de 861.000 euros no Museo Etnolóxico de Ribadavia

O PSdeG-PSOE de Ourense destaca a rehabilitación do edificio anexo ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, unha actuación impulsada polo Ministerio de Cultura que permitiu recuperar un inmoble histórico, ampliar as instalacións e mellorar os servizos do museo.

O proxecto, anunciado en xullo de 2024 cun investimento previsto de 825.000 euros, supuxo finalmente 794.129 euros en obras e 67.155 euros en servizos técnicos. Os traballos comezaron en agosto de 2024 e remataron en decembro de 2025.

O PSOE destaca o investimento de 861.000 euros no Museo Etnolóxico de Ribadavia

A intervención recuperou un edificio que se atopaba en estado de ruína, con 391 metros cadrados distribuídos en planta baixa e tres andares. O inmoble alberga agora espazos administrativos, arquivo documental, taller fotográfico, zona documental, despachos e sala de reunións, ademais de recuperar a súa galería tradicional.

O PSOE destaca o investimento de 861.000 euros no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Foto: PSdG

A candidata socialista ao Congreso, Carmen Rodríguez Dacosta, defende que o investimento permite recuperar patrimonio e ampliar as posibilidades dun museo de referencia. Pola súa banda, a candidata ao Senado, María Fernández Ojea, destaca o impacto da actuación na conservación da identidade local e na dinamización cultural e turística do Ribeiro.

O PSdeG reivindica esta intervención como exemplo dos investimentos do Goberno de España en patrimonio e cultura, especialmente nos municipios do interior, e defende continuar impulsando actuacións que melloren os equipamentos públicos e xeren oportunidades económicas.

Botón volver arriba