O PP acusa a concelleira socialista Ana Peleteiro de buscar protagonismo político nun acto institucional, mentres a edil reivindica a súa liberdade de expresión.
O acto do Concello de Barbadás con motivo do 25N provocou unha polémica nas redes sociais pola camiseta vermella que luciu a concelleira socialista da oposición Ana Peleteiro, co lema «A forza das mulleres».
Polémica en Barbadás por unha camiseta feminista no 25N
O PP criticou que utilizase unha actividade educativa con menores para, segundo os populares, buscar protagonismo político. Na súa publicación, sostén que «os nenos non son atrezo» e que o 25N non debe converterse nun escaparate político.

Peleteiro respondeu que acudía como mestra, acompañando o alumnado, e tamén como concelleira da oposición. Defendeu o seu dereito a vestir unha camiseta reivindicativa e asegurou que a súa presenza non converte o acto en propaganda política. «O 25N non ten propietarios, nin a loita feminista ten exclusivas», afirmou.
Outras socialistas, como Victoria Morenza e Noemí Pintos, tamén saíron en defensa da edil e criticaron o cuestionamento da súa vestimenta nunha xornada contra a violencia machista.

