Noticias

O PP propón bonificar o IRPF dos mozos e protexer a vivenda dos novos autónomos

O PP de Ourense presentou este xoves en Fabri-K, nun encontro con representantes da Asociación de Xóvenes Empresarios (AJE), as súas propostas en materia laboral e de vivenda para facilitar a emancipación e o emprendemento xuvenil.

A candidata ao Congreso, Ana Vázquez, denunciou o 23,4 % de paro xuvenil, a precariedade laboral e a emancipación nun mínimo histórico do 14,5 %, que atribuíu aos «oito anos de abandono» do Goberno de Pedro Sánchez.

O PP propón bonificar o IRPF dos mozos e protexer a vivenda dos novos autónomos

Entre as medidas anunciadas, o PP propón que os novos autónomos non paguen a cota durante o primeiro ano e tampouco no segundo se non superan o salario mínimo interprofesional. Ademais, prevé bonificar o IRPF dos mozos de entre 18 e 35 anos durante os seus primeiros catro anos de vida laboral, cunha redución do 100 % o primeiro ano, do 75 % o segundo, do 50 % o terceiro e do 25 % o cuarto.

O PP propón bonificar o IRPF dos mozos e protexer a vivenda dos novos autónomos
Foto: PP.

En materia de vivenda, Ana Vázquez defendeu rebaixar o IVE do 10 % ao 4 %, eximir os mozos do rural do Imposto de Transmisións Patrimoniais e ampliar os avais hipotecarios ata o 20 % para persoas de ata 50 anos.

A candidata tamén anunciou que o programa popular contempla protexer a vivenda habitual dos novos autónomos, para que non teñan que arriscar o seu fogar se o negocio atravesa dificultades económicas.

No encontro participaron tamén os candidatos Roberto González e Martín Gil, así como a vicepresidenta do PP ourensán, Marta Nóvoa. Vázquez agradeceu o labor de AJE na creación de emprego e riqueza e pediu o voto para o PP nas eleccións deste domingo.

Botón volver arriba