Noticias

O PP pide o voto para Feijóo en Barbadás e Celanova

O PP de Ourense apelou ao voto para Alberto Núñez Feijóo nos mitins celebrados este xoves en Barbadás e Celanova, onde os populares defenderon o seu candidato como «garantía de boa xestión, verdade e decencia».

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, pediu transformar a política da crispación en esperanza e ilusión para España.

O PP pide o voto para Feijóo en Barbadás e Celanova

Prado chamou a concentrar o voto no Partido Popular para impulsar «o cambio necesario». Reivindicou o modelo de Feijóo fronte ao que cualificou de política do medo, da confrontación e da violencia. Tamén acusou o PSOE de radicalismo e criticou os seus pactos con socios independentistas.

O PP pide o voto para Feijóo en Barbadás e Celanova
Foto: PP.

O presidente provincial, Luis Menor, pediu mobilizar a militancia nos últimos días de campaña para que Ourense sexa «a provincia que máis apoio lle dea a Alberto Núñez Feijóo en Galicia e en toda España». Advertiu de que as enquisas non garanten a vitoria e reclamou levar a mensaxe popular a todas as rúas e aldeas.

O PP pide o voto para Feijóo en Barbadás e Celanova
Foto: PP.

A cabeza de lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez, asegurou que España necesita un cambio e afirmou que «o domingo votaremos con memoria». A candidata reivindicou a Feijóo como alternativa ao Goberno de Pedro Sánchez. Vázquez denunciou os insultos e cánticos contra integrantes do PP durante unha concentración na rúa do Paseo de Ourense.

Botón volver arriba