O sénior mixto do Club Ximnasia Escola Pavillón, actual campión de España de ximnasia estética de grupo, pechou a tempada con dous podios internacionais en Osaka, no Xapón.
Este conxunto conquistou o ouro no Sasaki Trophy e a prata no IFAGG Trophy, dous resultados que culminan un ano especialmente exitoso.
O sénior mixto de Escola Pavillón pecha a tempada con dous podios internacionais
A primeira medalla chegou no Sasaki Trophy, disputado os días 24 e 25 de novembro, onde o conxunto ourensán conseguiu a primeira posición da súa categoría. Tras esta competición, o equipo afrontou o IFAGG Trophy, celebrado os días 26 e 27, no que volveu subir ao podio cun segundo posto.

O balance internacional súmase ao campionato de España conseguido esta tempada, consolidando a traxectoria do sénior mixto, que despide o ano con tres grandes resultados deportivos.
A participación en Osaka tamén permitiu aos ximnastas compartir competición con equipos doutros países e vivir unha experiencia internacional de convivencia e aprendizaxe.
Desde o Club Ximnasia Escola Pavillón destacan o traballo dos deportistas e do corpo técnico, así como o apoio das familias e das persoas e entidades que acompañaron o equipo durante a tempada.

