Deportes

O Pavillón logra tres medallas no Galego de Conxuntos

O Club Ximnasia Pavillón conseguiu un ouro, unha prata e un bronce no Campionato Galego de Conxuntos Absolutos, disputado o domingo 8 de novembro en Vigo. Estes resultados garanten a súa presenza no Campionato de España de Valladolid cos catro equipos: infantil, júnior, sénior feminino e sénior mixto.

O Pavillón logra tres medallas no Galego de Conxuntos

O maior éxito chegou co sénior feminino, que se proclamou campión galego tras conseguir a mellor puntuación nos dous pases. O sénior mixto acadou a prata, mentres que o infantil completou o podio cun bronce.

O Pavillón logra tres medallas no Galego de Conxuntos
Foto: Club Ximnasia Pavillón.

Pola súa banda, o conxunto júnior rematou cuarto na clasificación xeral, despois de lograr a terceira mellor puntuación na primeira rotación.

A xornada tamén contou cunha exhibición do sénior mixto de ximnasia estética de grupo do Club Ximnasia Escola Pavillón, que aproveitou a cita para probar o seu exercicio antes de viaxar a Xapón a finais de novembro.

Botón volver arriba