Deportes

O sénior mixto do Pavillón logra o oitavo posto no Euskalgym

O Club Ximnasia Pavillón e a Escola Pavillón participaron con dez conxuntos no XX Torneo Euskalgym, celebrado os días 31 de outubro e 1 de novembro en Barakaldo.

O resultado máis destacado foi o oitavo posto do sénior mixto, cunha puntuación de 19,850.

O sénior mixto do Pavillón logra o oitavo posto no Euskalgym

Na categoría absoluta, o Pavillón acadou o posto 19.º en júnior e o 36.º en sénior feminino. Nos equipos de base destacaron os postos 24.º e 27.º dos xuvenís do Pavillón e o 38.º da Escola Pavillón en infantil.

O sénior mixto do Pavillón logra o oitavo posto no Euskalgym.
Conxunto Sénior Mixto. Foto: CXPavillón.

A cita serviu para preparar o Campionato Galego, que se disputará o 8 de novembro en Vigo, e a próxima competición de Cartaxena para os equipos de base.

Botón volver arriba