Noticias

Ourense recibe o Premio á Xestión Pública do Deporte

O Concello de Ourense recibiu o Premio á Xestión Pública do Deporte na XVII edición dos Premios Galicia á Xestión Deportiva, organizados pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (Agaxede).

O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recolleu o galardón este venres 27 de novembro no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña, durante a gala celebrada no marco do VIII Congreso Galego de Xestión Deportiva.

Ourense recibe o Premio á Xestión Pública do Deporte

O premio recoñece as entidades públicas que destacan na xestión de plans, proxectos, actividades, espazos e infraestruturas deportivas que contribúen ao desenvolvemento do deporte.

Ourense recibe o Premio á Xestión Pública do Deporte
Foto: Concello de Ourense.

Durante o acto, Pereira destacou o papel do deporte como motor de cohesión social, mellora da calidade de vida e dinamización turística. O edil tamén reivindicou a importancia de situar a xestión deportiva no centro das políticas municipais e contar con responsables comprometidos coa promoción da actividade física.

Botón volver arriba