Noticias

Ourense súmase á Operación Quilo de Amencer para axudar ás familias

O Concello de Ourense participou este xoves na iniciativa «Quilos por alimentos», coa que a asociación xuvenil Amencer busca recoller alimentos, roupa e xoguetes para as familias máis necesitadas da cidade durante o Nadal.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, a concelleira de Xuventude, Tamara Silva, e representantes dos grupos políticos municipais acudiron á Aula Magna do colexio Salesianos para sumarse a esta campaña, que alcanza este ano a súa 39ª edición.

Ourense súmase á Operación Quilo de Amencer para axudar ás familias

A actividade consiste en que representantes de colectivos e entidades se pesan e doan o equivalente ao seu peso en quilos de alimentos ou realizan achegas económicas. Os fondos recadados destínanse integramente á compra de produtos alimentarios.

Ourense súmase á Operación Quilo de Amencer para axudar ás familias
Foto: Concello de Ourense

O acto serviu para inaugurar a campaña deste ano e animar á cidadanía ourensá a colaborar coa Operación Quilo, que tamén recolle roupa e xoguetes para distribuír entre as familias que máis o necesitan durante as festas.

Botón volver arriba