Deportes

A andaina da Merca percorrerá a canle do Ruca

A andaina da Merca percorrerá a canle do Ruca como parte dun circuíto que terá unha lonxitude de 16 quilómetros.

Esta XII Andaina do Concello da Merca terá lugar o domingo, 9 de outubro, con saída e chegada no Local social de Rubillós.

A andaina da Merca percorrerá a canle do Ruca

A andaina da Merca percorrerá a canle do Ruca
Foto: Concello da Merca

Esta cita está a experimentar un importante incremento de participantes nas últimas edicións. As persoas participantes valoran moi positivamente un percorrido por zonas de alto valor patrimonial en plena natureza.

Un deses espazos destacados polos que atravesa esta andaina é a Canle do Ruca, obra hidráulica de principios do século XX.

Inscrición na Andaina da Merca

  • A inscrición na Andaina da Merca pode realizarse no seguinte enlace: inscrición.
  • O prezo da mesma será de 5€, dos cales 1€ se destina ó Centro Ocupacional Fundacional Terras de Celanova.
  • O prazo para formalizar a inscrición pecharase o venres, 7 de outubro ás 13h.
  • Media hora antes do inicio da proba tamén será posible realizar a inscrición.
A andaina da Merca percorrerá a canle do Ruca

Ruta da Andaina da Merca 2022

Os 16 Km que percorre esta andaina teñen a súa saída no Local social de Rubillós. Ó longo da mesma haberá puntos de avituallamento e uns pinchos ó remate.

  • Local social de Rubillós
  • Froxás das Viñas
  • Compostela
  • Campo
  • A Mezquita
  • Roteiro San Marcos
  • Penedo da Moura
  • Local social de Rubillós

Botón volver arriba