Deportes

Información e inscricións para a Andaina da Merca 2023

Xa temos a información sobre a ruta e o proceso de inscricións da Andaina da Merca 2023 que organiza o Concello o próximo 8 de outubro.

A XIII edición da Andaina do Concello da Merca contará este ano cunha ruta de 15 kms que comezará no local social de Rubillós.

Información e inscricións para a Andaina da Merca 2023

O domingo, 8 de outubro, os participantes están convocados ás 9h para dar comezo a unha andaina que percorrerá a canle do Ruca, A Broa, A Airiña e Poldras do Euxenio para rematar no punto de inicio.

A organización disporá de varios puntos de avituallamento durante o percorrido e ofrecerá un pincho ós participantes unha vez rematada a andaina.

Inscricións na Andaina da Merca

Para participar na andaina será preciso realizar unha inscrición previa. A participación neste evento terá un custe de 5€ e a organización ofrece dúas formas de inscrición.

  • A través dun formulario que terá que ser entregado antes das 13h do venres, 6 de outubro.
  • O día da Andaina ata media hora antes do inicio.
Información e inscricións para a Andaina da Merca 2023

Botón volver arriba