Eventos

A Igrexa da Magdalena acolle «O Camiño ilustrado»

A Igrexa da Magdalena de Ribadavia acolle a partir do mércores, 14 de decembro, a exposición «O Camiño ilustrado. Unha viaxe pintada por Alicia Aradilla».

Esta mostra consta de 60 acuarelas divididas en tres seccións. «O Camiño», «Os Camiñantes» e «Compostela» son as áreas temáticas da exposición. As obras conteñen textos explicativos de Feliciano Novoa, doutor en Historia.

A Igrexa da Magdalena acolle «O Camiño ilustrado»

«O Camiño ilustrado» ten o apoio do Concello de Ribadavia, ABANCA e Afundación e permanecerá exposta ata o 15 de xaneiro. No acto de presentación que terá lugar mañá mércores, 14 de decembro, ás 11h estarán presentes:

  • Noelia Rodríguez Travieso – alcaldesa de Ribadavia
  • Mateo Alonso San Román – coordinador institucional de ABANCA en Ourense
  • Beatriz Fernández-Anguiano – coordinadora institucional de Afundación en Lugo e Ourense
A Igrexa da Magdalena acolle "O Camiño ilustrado"

Horarios de visita á exposición:

  • 14 a 16 de decembro – 11 a 14h e 17 a 20h.
  • 20 e 21 de decembro – 11 a 14h e 17 a 20h.
  • 22 de decembro – 17 a 20h.
  • 27 a 30 de decembro – 17 a 20h.
  • 10 a 15 de xaneiro de 2023 – 11 a 14h e 17 a 20h.

Botón volver arriba