O Concello de Barbadás abre o prazo de inscrición para os Campamentos de Primavera, que se celebrarán os días 14, 15, 16 e 21 de abril de 2025.
Esta iniciativa busca fomentar a participación infantil e facilitar a conciliación familiar e laboral.
Abren as inscricións para os Campamentos de Semana Santa en Barbadás
Os campamentos incluirán actividades como traballos manuais, xogos, cine e saídas. O horario será de 9:00 a 14:00 horas e terá unha duración de cinco horas diarias.
Prazas dispoñibles O campamento contará cun total de 40 prazas, distribuídas por idades:
- 20 prazas para nenos e nenas nados entre 2019 e 2021.
- 20 prazas para nenos e nenas nados entre 2013 e 2018.
Prazos de inscrición O prazo para anotarse estará aberto do 25 de marzo ao 1 de abril de 2025. Se non se cobren todas as prazas, poderá ampliarse o prazo.

As listaxes de admitidos publicaranse na páxina web do Concello de Barbadás:
- Listaxe provisional: 3 de abril.
- Listaxe definitiva: 8 de abril.
Esta actividade busca proporcionar un espazo de aprendizaxe e lecer para a infancia do municipio durante as vacacións de Semana Santa.