Eventos

Actividades do Museo Galego do Entroido

Tres actividades neste mes de xaneiro é a proposta do Museo Galego do Entroido para ir preparando a celebración desta festa tan relevante na provincia de Ourense.

O Museo Galego do Entroido programou para este mes tres propostas que se levarán a cabo na súa sede de Xinzo de Limia.

Actividades do Museo Galego do Entroido

As propostas chegan en datas próximas ó inicio do Entroido que ten precisamente en Xinzo de Limia, unha das súas paradas máis relevantes.

Terra de Entroido

A primeira actividade que organiza o Museo Galego do Entroido ten como protagonista a Xesús Fariñas. Unha conversa con este persoeiro permitirá ós asistentes descubrir o pasado, presente e futuro das Pantallas de Xinzo de Limia.

Sábado, 14 de xaneiro ás 19h.

Actividades do Museo Galego do Entroido

Máscaras de Entroido

Máscaras de Entroido é a segunda proposta que o Museo Galego do Entroido presenta para este mes de xaneiro. X. M. Seixas explicará como aprendeu el a facer as máscaras e as historias que garda cada unha delas. Esta conversa irá acompañada dunha exposición de máscaras dos entroidos máis representativos de Galicia.

Sábado, 21 de xaneiro ás 19:30h.

A orixe do Entroido

A orixe do Entroido é a terceira e última actividade que organiza o Museo Galego do Entroido. Esta proposta terá como protagonistas ós máis cativos. Un contacontos dirixido á nenos e nenas de 3 a 12 anos permitiralles coñecer a orixe do Entroido.

Venres, 27 de xaneiro ás 18:30h.

Botón volver arriba