O venres, 2 de agosto, terá lugar un acto de homenaxe a Manuel Suárez, primeiro alcalde socialista do concello de Ourense.
Na madrugada do 27 de xullo de 1937, Manuel Suárez foi asasinado polo bando franquista por ser republicano, socialista, uxetista e masón.
Acto de homenaxe a Manuel Suárez
O acto de lembranza de Manuel Suárez Castro será ó pé da igrexa de Santa María Nai, xunto ó edificio do concello. Neste acto tamén se recordará a figura de Antonio Taboada Novoa, secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense que tamén foi asasinado nesa fatídica xornada.
Xosé Lois Carrión, secretario de Memoria e Dereitos Humanos da CEM PsdeG-PSOE de Ourense presentará o acto no que tamén intervirán:
- Alba Iglesias, secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense
- Cristobal Medeiros, secretario comarcal UGT de Ourense
- Natalia González, secretaria xeral da CEM PSdeG-PSOE de Ourense
- representación de familiares de Manuel Suárez Castro.