Esta tarde terá lugar un acto de recoñecemento ós exiliados durante o franquismo que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Este acto está organizado polo PSdeG-PSOE de Ourense, as Xuventudes Socialistas de Galicia e conta coa colaboración da Fundación Pablo Iglesias.
Acto de recoñecemento ós exiliados durante o franquismo
«Estes exiliados dispersáronse por diferentes países, principalmente en Europa e América» lembra Xosé Lois Carrión, secretario da Memoria Histórica da Comisión Executiva Municipal. Os cálculos sitúan en medio millón de persoas os exiliados durante esa época.
Coincidindo coa celebración do Día de Homenaxe ás Vítimas do Exilio, este 8 de maio terá lugar este acto de recoñecemento en Ourense. A elección desta data responde ó «Día da Victoria» no que as forzas aliadas puxeron fin á II Guerra Mundial.
No acto «Honor e Memoria» proxectarase o documental «Exilio» producido por TVE e a Fundación Pablo Iglesias no ano 2002. Ademáis de Xosé Lois Carrión, tamén intervirá José Ramón Morgade, secretario de organización do PSOE de Ourense que lerá varios poemas.
Entre os autores destes poemas atópanse Florencio Delgado Gurriarán, Carmen Castellote ou Pedro Garfias.