Varios actos teñen lugar polo 25N no Barco de Valdeorras durante estes días para recordar á sociedade a importancia dunha correcta concienciación en relación á violencia de xénero.
O Día Internacional contra a Violencia de Xénero tamén terá unha presenza destacada no concello do Barco de Valdeorras. A concellería de Servizos Sociais programou varias actividades en colaboración cos centros de ensino, comercios e a cidadanía.
Actos polo 25N no Barco de Valdeorras

Do 21 ao 26 de novembro
Convocatoria de » Valdeorras en Negro¨. Chamamento á tódolos sectores para vestirse de negro e situar carteis de repulsa nos escaparates.
Venres, día 25 de novembro, ás 12 horas
- Concentración de repulsa en contra da violencia de xénero, na Praza do Concello: iluminación simbólica do concello en memoria das mulleres asasinadas.
- Lectura de manifestos: representación dos institutos do Barco: Martaguisela, Divina Pastora e Lauro Olmo.
- Actuación musical: colaboración do Conservatorio do Barco.
- Manifesto institucional do Concello.
Xoves, día 24 de novembro, ás 19,30
- Proxección da película, “Solo una vez“ en colaboración co Cine Clube Groucho Marx .
- Obradoiro de sexualidade e violencia de xénero, dentro do programa de prevención da violencia de xénero e sexual entre a poboación adolescente.
- Programa de prevención da violencia de xénero titulada «Fomento das relaciones igualitarias y do bo trato en poboación estudiantil primaria».