Os xogadores do Club Athlos, Adrián Seijo e David Casas, logran o Campionato Galego sub15 na categorías de dobres masculino.
Esta campionato sub15 disputouse no concello de As Neves (Pontevedra) e contou cunha extensa representación de Athlos.
Adrián Seijo e David Casas logran o campionato Galego sub15
Jimena Rodríguez, Leah Freire, África González, Inés Mojón, Zoe Do, Héctor Salgado, Iago Domínguez, Adrián Otero, Santiago Soto, Martiño Carballo, Adrián Seijo, David Casas, Antón González e Daniel Álvarez competiron neste campionato representando ó club ourensán.
Estes deportistas estiveron acompañados polas adestradoras Sara Galicia e Laura Valverde.
Ademais da medalla de ouro lograda por David e Adrián, os xogadores de Athlos tamén lograron unha medalla de prata e dúas de bronce.
Medalla de Ouro
- Adrián Seijo e David Casas en dobres masculino sub15
Medalla de Plata
- Antón González e Daniel Álvarez en dobres masculino sub15
Medallas de Bronce
- David Casas en individual masculino
- Adrián Seijo en individual masculino
Campionato de Europa de Policías e Bombeiros
Durante a fin de semana tamén tivo lugar o Campionato de Europa de Policías e Bombeiros que se disputou na cidade portuguesa de Braga. O club Athlos estivo representado polos xogadores Luis Ángel Veloso e Samuel Varela acadando unha medalla de ouro e outra de prata.
- Ouro para Luis Ángel Veloso en individual masculino
- Prata para Samuel Varela en dobres masculino
- Bronce para Luis Ángel Veloso en dobres masculino