A Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ourense desenvolveu unha xornada de sensibilización polo Día Mundial contra o Cancro de Mama.
A entidade instalou mesas informativas e puntos de venda solidarios no parque de San Lázaro e no Hospital Santa María Nai.
Baixo a campaña ‘Nos lo tomamos a pecho’, reclamanan unha atención máis humana e integral ás pacientes.
A AECC de Ourense reclama unha atención máis humana
A programación incluíu a lectura dun manifesto por unha paciente, a entrega de corazóns solidarios no CHUO e unha visita do delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, á sede provincial da asociación.

A campaña reivindica que as mulleres se sintan coidadas, escoitadas e informadas durante todo o proceso, con apoio emocional e social máis alá do tratamento médico.
En España prevese diagnosticar 38.318 novos casos de cancro de mama en 2026. Durante o pasado ano, a AECC atendeu 22.827 mulleres con esta enfermidade e destina actualmente máis de 32 millóns de euros a 110 proxectos específicos de investigación.
A programación continuará o xoves 22 de outubro. Será co VI Partido Benéfico contra o Cancro de Mama, entre a EFF Rosalía e unha selección de Mulleres de Ourense. Este encontro terá lugar no campo municipal de Oira e a recadación dedicarase á investigación.

